miércoles 28/7/21
ESQUECEMENTO 2015

O LUME DO ESQUECEMENTO 2015 QUEDOU ACESO

Ata a praza Carlos Casares foron chegando as Ordas Castrexas e as lexións romanas para a cerimonia de acendido do lume sagrado

IMG_9671

Ata a praza Carlos Casares foron chegando as Ordas Castrexas e as lexións romanas para a cerimonia de acendido do lume sagrado.

IMG_9687Cunha praza rechea de participantes no acto e público levouse a cabo a cerimonia, quedando así inaugurada a festa do ESQUECEMENTO 2015

O final do acto fíxose unha homenaxe a todas as presidentas da coordinadora da festa no 15 aniversario.

Así mesmo en nome do pobo de Xinzo e do propio concello os concelleiros de Turismo Carlos Gómez e o de festexos Luís M. Gil, fixeron entrega dunha placa a actual presidenta de Civitas Limicorun  Conchi Ogea.

Unha vez rematado o acto a comitiva dirixiuse a praza Otero Pedraio, onde se levou a cabo a venda de escravas e escravos, acto que foi seguido moi atentamente por tódolos poxadores.

Pola instantánea pódese comprobar o bo estado físico en que se atopaban os escravos/as, chegando a ofrecerse por eles cantidades importantes de cartos.IMG_9664

Comentarios