OS LUMES AÍNDA CONTINÚAN

20150830_201425
OS LUMES AÍNDA CONTINÚAN

Unha persoa con queimaduras tivo que ser evacuada no helicóptero do 061

Unha persoa con queimaduras tivo que ser evacuada no helicóptero do 061

Chegada a media tarde os lumes eran incontrolados nos montes dos pobos de Gudín, Faramontaos , Cualedro e Trasmiras.

A situación chegou a tal límite que un veciño, tratando de sufocar as lapas nunha leira da súa propiedade resultou con queimaduras, tendo que ser evacuado polo 061.

Tamén sufriron danos importantes dúas motobombas que se incendiaron. Cando as brigadas correspondentes estaban apagando as lapas, unha lingua de lume fixo un remoíno prendéndose na parte traseira dos vehículos. Neste caso non houbo que lamentar vítimas.

catsACABOUSE COA AUGA DAS FONTES E POZOS DOS POBOS

A última hora da tarde, cando xa os efectivos aéreos tiveron que abandonar por falta de luz, aínda eran moitos os focos de lume que seguían ardendo.

O alcalde de Xinzo Antonio Pérez, que dende primeira hora estivo ao fronte do problema que se viña en Xinzo, comentou que no pobo de Gudín e Faramontaos, os máis afectados ademais do Cabreiro acabarase coa auga.

OS BOMBEIROS DE XINZO ACTUANDO EN CUALEDRO NA GASOLINEIRA

Xa preto das nove da noite, case todos ós efectivos terrestres dispoñibles estaban actuando en Cualedro, onde corría perigo a gasolineira por mor dos tanques.

VISITA DA CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL

A Conselleira de medio Rural acompañada do Delegado da Xunta Rogelio Martínez, pasaban por o pobo do Cabreiro atopándose co alcalde de Xinzo o cal lle informou de cómo ían os traballos, dende o punto de vista municipal. A Conselleira seguiu ruta para Cualedro onde se encontraba a estrada cortada, xa facía unhas horas.20150830_210839