domingo 24/1/21

O M.E.L. (Movemento ecoloxista da Limia) está mosqueado

COREN non participará nas xornadas a celebrar este xoves en Xinzo , según indican nunha nota informativa

FOTO PURINES DA LIMIA
FOTO PURINES DA LIMIA

É moi chamativo que a empresa máximo responsable da gravísima contaminación por nitratos (hasta 20 veces máis do límite permitido) que padecen os recursos hídricos da comarca, e que nun principo figuraba como socio principal diste proxecto life  desapareceu da escena inexplicáblemente. O seu nome xa non aparece  na cartelería anunciadora dos actos e accións relacionadas co LIFE REXENERA LIMIA . Según  informacións que nos chegaron do propio entorno directivo de COREN , parece ser que non é positivo para a sua marca verse  "salpicado pola palabra  PURIN ", sobre todo agora que estan intentando elevar a sua imaxen  amparandose na produccion ecolóxica . Curiosamente na Limia non teñen ningunha  granxa  deste tipo .    

Gostaríanos creer que os organismos públicos que participarán :  Consellería de medio rural e Confederación Hidrográfica que son os encargados de velar polo cumprimento das leis que protexen a natureza  e  a pureza da auga,  se tomen en serio as suas competencias e empecen a esixir a  empresas, granxeiros  e  agricultores que cumplan xa co obrigatorio código de boas prácticas agrícolas, que evite  un deterioro irreversible da calidade das augas onde os primeiros perxudicados van ser os propios productores.

Comentarios