O M.E.L. (Movemento ecoloxista da Limia) está mosqueado

FOTO PURINES DA LIMIA
O M.E.L. (Movemento ecoloxista da Limia) está mosqueado

COREN non participará nas xornadas a celebrar este xoves en Xinzo , según indican nunha nota informativa

É moi chamativo que a empresa máximo responsable da gravísima contaminación por nitratos (hasta 20 veces máis do límite permitido) que padecen os recursos hídricos da comarca, e que nun principo figuraba como socio principal diste proxecto life desapareceu da escena inexplicáblemente. O seu nome xa non aparece na cartelería anunciadora dos actos e accións relacionadas co LIFE REXENERA LIMIA . Según informacións que nos chegaron do propio entorno directivo de COREN , parece ser que non é positivo para a sua marca verse "salpicado pola palabra PURIN ", sobre todo agora que estan intentando elevar a sua imaxen amparandose na produccion ecolóxica . Curiosamente na Limia non teñen ningunha granxa deste tipo .

Gostaríanos creer que os organismos públicos que participarán : Consellería de medio rural e Confederación Hidrográfica que son os encargados de velar polo cumprimento das leis que protexen a natureza e a pureza da auga, se tomen en serio as suas competencias e empecen a esixir a empresas, granxeiros e agricultores que cumplan xa co obrigatorio código de boas prácticas agrícolas, que evite un deterioro irreversible da calidade das augas onde os primeiros perxudicados van ser os propios productores.