O Mago Martín actuará hoxe na praza Maior

Mago Martín
O Mago Martín actuará hoxe na praza Maior

A partir das 18:00

Continuando coa programación do Nadal 2022 o concello ten programado a actuación do mago Martín na carpa da praza maior a partir das 18:00

Carpa praza Carlos casares
Carpa praza Carlos casares

Continua tamén aberta a carpa da praza Carlos Casares onde os máis pequenos se divirten en inchables interminables, mentres os seus maiores desfrutan dun refresco e unha boa charla cos seus amigos e familiares.

SUSPENDIDOS OS PASEOS EN GLOBO

Como xa se anunciou onte a tarde, por mor das condicións meteorolóxicas, neste caso polo vento do oeste que non permitía o voo en condicións de total seguridade os responsábeis municipais de acordo cos informes da Policía Local, suspenderon a actividade. Tamén para hoxe e mañá, no que os prognósticos falan dun empeoramento do tempo.

En principio posponse para os días 4, 5 e 6 de xaneiro se as condicións para eses días o fan posible e se non fose así posporíase xa para primavera.

Dende o Concello e ProLimia irán avisando. O que si nos indican que transmitamos aos veciños e veciñas é que ninguén que teña os seus vales perderá a viaxe.

14908387_10209588793469769_653891786055197444_n
Patricia Santana

GALA DO DEPORTE MAÑÁ A PARTIR DAS 19:30

Un dos actos importantes, xa iniciado antes da pandemia e a Gala do Deporte que este ano chegará na súa segunda edición. A gala estará presentada pola xa internacional presentadora da Limia Patricia Santana xunto con Pablo Rios e contará coa actuación do Mago Deimi.

Na gala entregaranse medallas aos deportistas destacados durante o ano que agora remata e cada unha das especialidades deportivas que se levan a cabo en Xinzo.