domingo 23.02.2020

Máis de 500 persoas pasaron polo Museo Galego do Entroido na fin de semana de portas abertas

O Concello califica de éxito a inciativa de visitas de balde

Máis de 500 persoas pasaron polo Museo Galego do Entroido na fin de semana de portas abertas

    Logo da súa inauguración,  o concello decidiu programar unhas xornadas de portas abertas para visitar o Museo Galego do Entoido. Entre o sábado e o domingo pasaron máis de 500 persoas, segundo fontes oficiais. O día de maior afluencia foi o domingo con 370 visitantes.

                                                            entroido 3

O museo permaneceu aberto de 12h a 14h e de 17h a 19.30h. Estivo atendido de maneira provisional polo traballador municipal, Xesús Fariñas e o concelleira de Turismo, Carlos Gómez que atenderon as instalacións de maneira desinteresada, á espera de que comece a actividade regular da institución. Prevese que o mércores comece a súa actividade e que estea aberto ó público de mércores a sábado.

Comentarios