jueves 6/8/20

Os máis cativos visitaron esta mañá o concello de Xinzo de Limia

Os máis cativos visitaron esta mañá o concello de Xinzo de Limia

    Alumnos e alumnas de cuarto de infantil do CEIP Carlos Casares, pasaron a mañá do martes visitando as instalacións do consistorio de Xinzo.

Chegaron a primeira hora da mañá con caras de despiste porque non sabían moi ben o que lles agardaba por coñecer. Acompañados de profesoras e persoal municipal, máis de 30 cativos recorreron as distintas partes do edificio. 

O alcalde recibiunos no seu despacho xunto co concelleiro de Educación, Luis Miguel Gil.

Comentarios