jueves 15/4/21
O lixo nesta rúa xa forma parte da paisaxe, segundo os populares

Máis contedores e recollida na rúa Blanco Amor de Xinzo

O PP, levará estas peticións ao próximo pleno
IMG_20210223_205056[1]

O Grupo Municipal Popular  rexistrou hoxe unha moción para debater e aprobar  no vindeiro plenario que se celebre no Concello de Xinzo o seguintes acordos:

1.- Instar á Deputación de Ourense á colocación dos contedores de lixo necesarios tanto de orgánico como de cartón na Praza San Roque

 2.-Instar ao Concello de Xinzo de Limia a mover a xardineira da rúa Branco Amor para que os camións de recollida de residuos podan xirar no cruce coa rúa Jesús Carlos Romero Nieto e colocar os contedores no punto onde se unen ambas rúas.

Moitas son as queixas da veciñanza e o comercio da rúa e Praza San Roque pola insuficiencia de contedores de lixo orgánico e pola ausencia dos de cartón e papel.

 Noite tras noite repítese a imaxe de contedores desbordados con bolsas de lixo e cartóns, onde moitas veces estes residuos rematan no chan, acompañando dun mal cheiro ás zonas próximas.

 A rúa e Praza San Roque é un núcleo importante do noso comercio, o que trae consigo unha gran cantidade de residuos que as diferentes tendas e negocios xeran cada xornada. E cada tardiña se encontran coa problemática de onde depositar os mesmos.

 Esta problemática pode corrixirse coa colocación de como mínimo de dous contedores grandes, un de lixo orgánico e outro de papel e cartón.

 Outras queixas que estamos a escoitar son das persoas veciñas das rúas Branco Amor e Jesús Carlos Romero Nieto, onde solicitan os contedores de lixo no cruce de ambas rúas.

 A imaxe que estamos a ver dende fai tempo de bolsas de lixo e cartóns depositados no chan, que ninguén recolle, sendo unha imaxe “bochornosa”.

 Tras falar cos técnicos de Medio Ambiente da Deputación de Ourense a posibilidade de colocar os contedores no cruce de ambas rúas e permitir a recollida de lixo, solucionase con  mover a xardineira o necesario para que o camión dea a volta nese punto.