martes 10.12.2019

Os máis pequenos tamén visitaron as feiras

“ O ESTRUGUIÑO” recibiunos a entrada

Os máis pequenos tamén visitaron as feiras

Do CEIP Carlos Casares foron  o alumnado de infantil os que se trasladaron durante a mañá a visitar tanto a feira de produtos na carpa como despois ata o Toural, onde se sorprenderon a maioría do grandes que son os tractores que alí se expoñen.

Tamén dende o CEIP Rosalía de Castro o alumnado de terceiro acompañados polo seu titor visitaron esta vez solo a feira de alimentos , posto que segundo nos manifestou o propio titor a visita a feira de maquinaria, quedou como “deber” para os pais.

“ O ESTRUGUIÑO” recibiunos a entrada

IMG_9569Na porta da carpa que alberga a feira alimentaria foron recibidos polo “estruguiño” quen lles facía entrega de globos e doces. Xa no interior  fixeronse as fotos oficiais cas autoridades que nese momento estaban na feira e despois eran os expositores, sobre todo os de patacas fritas os que agasallaban a cada un con bolsas que nalgún caso eran máis grandes que eles.
No recinto da maquinaria os tractores foron a atracción. Tamén tiveron algúns de comprobar o tamaño de algunha das rodas dos tratores, nas que case caibían todos os compañeiros de clase xuntos.
Tamén alumnos do IES Cidade de Antioquía do ciclo de Traballo forestal e Medio ambiente que se fotografiaron co tractor propulsado por gas GLP.

IMG_9550IMG-20191121-WA0013IMG-20191121-WA0014IMG_9595

Comentarios