martes 11/5/21

Obradoiros e natureza para o tempo libre dos cativos en Nadal da man do CDR O Viso

A intención é favorecer a conciliación familiar

    A conciliación familiar de Nadal chega da man do CDR O Viso. Un completo programa de actividades pensado para mellorar o problema que supón para pais, nais ou titores que traballan cando os cativos teñen vacacións de Nadal. Ó mesmo tempo os máis pequenos teñen a oportunidade de pasar uns días rodeados de natureza e convivir con outros rapaces. c

As actividades pensadas para estes días son variadas, dende  música, obradoiros de respostería ata actividades ó aire libre e con animais. Están pensadas para pequenos de 4 a 12 anos. Levaranse a cabo o día 29 de decembro e o 4 de xaneiro en Lodoselo pero o transporte está incluído. Os prezos son de 20 euros por un día, incluíndo transporte, xantar, merenda e actividades; e de 30 euros por dous días. Con todo dende o CDR O Viso sinalan que os prezos adaptaranse ás circunstancias familiares. 

Para anotarse poden facelo na oficina do CIX da Limia, na Praza Maior de Xinzo, ou ben chamando ó 988 46 15 71. O prazo de inscrición remata o 23 de decembro. 

 

Comentarios