sábado 8/8/20
INFORMACIÓN CAMPAÑA ELECTORAL

Manuel Baltar: “unha vez máis queda acreditado con documentos oficiais a covardía e a traizón de Villarino”

Trala resolución da Xunta Electoral que identifica ao PSOE como o partido que colocou un valo publicitario electoral anónimo contra os representantes do Concello de Ourense, a Deputación e á Xunta

 

Manuel Baltar: “unha vez máis queda acreditado con documentos oficiais a covardía e a traizón de Villarino”

O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, deu a coñecer hoxe a acta da Xunta Electoral de Zona de Ourense que confirma a contratación, por parte do PSdeG-PSOE de Ourense, dun valo publicitario electoral anónimo instalado na cidade e “no que utilizando recursos públicos carga contra representantes de institucións públicas de Ourense e Galicia elixidos democraticamente”. A resolución, que require ao PSOE “que se absteña no futuro de reiterar a devandita conduta”, sinala directamente ao máximo dirixente socialista en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, “ao que unha vez máis os documentos oficiais acreditan a covardía e a traizón que resumen a súa traxectoria política e persoal”, subliñou Baltar.

Lembrou o presidente dos populares ourensáns que o pasado 28 de xuño presentouse ante a xunta electoral unha denuncia polo citado valo anónimo, solicitando que se informase sobre quen contratara este servizo. Onte martes, ás sete da tarde, a xunta electoral enviou ao PP copia da acta na que se recoñece dita valo fora contratado polo PSOE.

Rolda de prensa do presidente do PPOU, Manuel Baltar. O presidente do Partido Popular de Ourense ofrecerá unha rolda de prensa na sede provincial para tratar temas de actualidade.“Os documentos oficiais cazaron de novo a Villarino, que tira a pedra e esconde a man, o mesmo que anunciou que non acudiría ao debate do estado da provincia diante dun valo de similares características, o mesmo que se abstivo de apoiar as axudas a autónomos e pemes das Deputación, que  instigou xunto co subdelegado do Goberno un boicot a esas axudas, que votou en contra da Comisión Ourense futuro e dunha moción, idéntica á probada pola FEMP, na que se esixía ao Goberno central que garantise a liquidez dos  concellos”.

Manuel Baltar quixo subliñar que en ningún modo “isto é un ataque ao partido socialista”. É máis, dixo, “lamento que teña esta dirección porque creo que ninguén no seu partido aprobará esta forma de actuar e se non que llo pregunten a Caballero, a Sánchez ou a Carmen Calvo que onte no Barco nin pronunciou a palabra Ourense”. Ninguén pode apoiar unha campaña deste tipo, engadiu, “e por iso o seu propio partido apártao dos actos importantes, deixándolle en Ourense en lugar de acompañar a Caballero, ou ninguén, nin sequera Sánchez, saúdalle nas súas intervencións durante o mitin celebrado no  Posío, nin a el nin ao subdelegado”.

Baltar destacou que este é un caso único en España, “que non fai ninguén, nin sequera  Bildu, polo que debe  destarrarse da política a persoas como Villarino, un cargo público desprezable, miserable,  vil, un representante indigno dos ourensáns e que se está quedando só”, alusión esta última aos concelleiros socialistas de Castrelo de Miño, que anunciaron a súa baixa do partido pola actitude do seu secretario provincial “en contra dos autónomos, das pemes das familias e en definitiva de Ourense, e seguro que aínda haberá máis pasadas as eleccións”.

Manuel Baltar insistiu en que os feitos agora denunciados, a propaganda electoral anónima, están especialmente tipificados e penados, con prisión de tres meses a un ano ou multa de 6 a 24 meses para quen infrinxa as normas legais en materia de carteis electorais. Por esta razón, anunciou un recurso ante a xunta electoral no que se exporán de novo os argumentos expostos na denuncia para que se consideren estes actos como delito electoral, sen descartar outras accións xudiciais pola vía penal.