Manuel Mandianes estréase como colaborador do xornal Dende a Limia

mandianesuno_270x250
Manuel Mandianes estréase como colaborador do xornal Dende a Limia

Manuel Mandianes naceu en Loureses, no concello de Os Blancos, un 14 de xaneiro de 1942. A día de hoxe é un dos antropólogos más destacados e é doutor en Etnografía e Antropoloxía, en Ciencias Sociais e Socioloxía e en Teoloxía.

A súa traxectoria é longa, entre os anos 1996 e 1999 dirixiu o Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona. Realizou traballos de investigación sobre temas antropolóxicos de Galicia. Publicou diversos capítulos en obras colectivas e artigos en revistas como Grial, Boletín Auriense e El Museo de Pontevedra.

Tamén pasou pola televisión onde colaborou varias tempadas no programa Luar da TVG. Actualmente colabora en diversos medios de comunicación e escribe no Diario Nihilista dun antropólogo no portal Periodista Digital.

Suma 11 libros publicados e máis de 100 artigos. Agora o seu currículum toca engadirlle a colaboración que fará dende esta fin de semana neste mesmo xornal dixital, no Dende a Limia.