domingo 20/6/21

Manuel Mandianes participa nun taller de audición e saúde en Xinzo

 A cita será o sábado 12 na Casa da Cultura

    O antropólogo e sociólogo, Manuel Mandianes, volve visitar Xinzo desta volta para falar de saúde. mandianesuno_270x250

Participará nun taller sobre audición cunha ponencia na que tratará a importancia de oír ben e saber escoitar en tódalas facetas da vida. 

Tamén participará Pablo García Vivanco, farmacéutico que chega de Audioloxía Prieto Vivanco, para falar sobre a relevancia do diagnóstico e a prevención da sordeira. 

As charlas darán comezo ás 10h da mañá do sábado. Terán lugar na aula 2 da Casa da Cultura, onde se atopa a Asociación Escola Rural da Limia. 

A participación nestas actividades ten un custe de 2 euros. 

Comentarios