martes 19/1/21

MEDIO AMBIENTE CONVOCA AS AXUDAS PARA PREVER OS ATAQUES DA FAUNA SILVESTRE EN 2021, QUE INCLÚEN POR PRIMEIRA VEZ MEDIDAS ANTE O OSO

A orde de subvencións saíu publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia e os interesados terán un mes, desde mañá, para poder presentar as súas solicitudes

Lobo (Foto cedida)
Lobo (Foto cedida)

Estímase que con esta partida poderán concederse unhas 600 axudas para a compra de cans protectores, pastores eléctricos, cerrumes electrificados e valados.

As persoas interesadas terán un prazo dun mes, a contar desde mañá, para presentar as súas solicitudes; e en caso de resultar beneficiarias, terán que xustificar ante a Consellería os gastos subvencionables antes do día 9 de outubro.

Orzamento de 480.000 euros

Desta contía, 300.000 euros reservaranse para danos causados polo lobo. Concretamente, 200.000 euros serán para a adquisición de cans protectores e defensores do gando, pastores eléctricos e cerrumes móbiles de malla electrificada, e 100.000 euros para a compra e instalación de valados fixos. Outros 150.000 euros da orde de axudas de prevención irán destinados a tratar de evitar os danos provocados polos xabarís mediante a adopción dalgunha das medidas de protección sinaladas anteriormente.

Orde...