viernes 03.07.2020

Os menores de 21 anos poden viaxar gratis no transporte público dependente da Xunta

A partir de luns día 15 de xuño

Terán que solicitar a tarxeta XENTE NOVA

Estación autobuses de Xinzo
Estación autobuses de Xinzo

A tarxeta Xente Nova comeza a emitirse hoxe nos 92 concellos da provincia de Ourense, onde os menores de 21 anos poderán empregala a partir do vindeiro luns, 15 de xuño, o que lles permitirá realizar viaxes de balde no transporte público dependente da Xunta.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo esta mañá un encontro de traballo, por videoconferencia, co alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, para abordar a implantación deste dispositivo neste municipio e no resto de concellos da provincia. A tarxeta Xente Nova tamén se implantará, de xeito paralelo, en 13 concellos da área de Pontevedra.

13,30 h.-    A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, manterá unha reunión por videoconferencia co alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, para abordar a implantación da Tarxeta Xente Nova na provincia de Ourense. Na sala de xuntas da Consellería (1º andar).foto xoán crespo10/06/2020Segundo lle trasladou a conselleira ao alcalde, o comezo desta medida estaba previsto para mediados de marzo, pero tivo que adiarse pola declaración do estado de alarma e a emerxencia sanitaria da covid-19. Reactívase agora que a situación epidemiolóxica o permite, de forma coherente coa paulatina recuperación do transporte público.
Estímase que serán arredor duns 150 mozos do Pereiro de Aguiar e 5.200 da provincia de Ourense os que solicitarán a tarxeta Xente Nova, formándose no uso dunha mobilidade sostible e segura, de pago sen contactos.
Desde hoxe, día 10 de xuño, 24 oficinas de Abanca de 19 concellos da provincia de Ourense comezarán a emitir as tarxetas, que os menores de 21 anos poderán empregar a partir do vindeiro luns, día 15.

Para conseguila é necesario solicitar unha cita previa na oficina, algo especialmente importante na situación actual, coas restricións de aforo e o mantemento da distancia social nas entidades motivada pola covid-19. Os menores de idade deberán ir acompañado dun dos seus proxenitores.

As tarxetas non precisan ter unha conta asociada, xa que funcionan a modo de tarxeta monedeiro. Deben ter un saldo inicial para empezar a viaxar e, posteriormente, irá reembolsándose cada 15 días o importe das viaxes realizadas, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.

Para facilitar o pago seguro e evitar contaxios, os maiores de 21 anos da provincia de Ourense poderán empregar a Tarxeta de Transporte TMG. Tamén poden solicitala desde hoxe mesmo nas oficinas habilitadas e comezar a empregala desde o 15 de xuño. Neste caso estímase que se poderán beneficiar desta medida uns 108.000 cidadáns da provincia.

RECOLLIDA DE TARXETAS

As tarxetas pódense recoller nos seguintes lugares:

OURENSE

472

SAN ROSENDO

Rúa San Rosendo, 16 (zona estación)

OURENSE

5259

AV. ZAMORA

Avda. Zamora, 106-108

OURENSE

5260

LA TORRE

Rúa Curros Enríquez, 1

OURENSE

5263

ERVEDELO, 31

Rúa Ervedelo, 31

OURENSE

5267

PEÑA TREVINCA

Rúa Peña Trevinca, 22

BANDE

412

BANDE

Rúa Pombal, 2

 

XINZO DE LIMIA

410

AV. OURENSE

Avda. Ourense, 12

XINZO DE LIMIA

5303

AV. MADRID

Avda. Madrid, 33