jueves 09.04.2020
Tarxeta Xente Nova

Os menores de 21 anos viaxarán gratis no transporte público interurbano

A parti do luns 23 de marzo
Os menores de 21 anos viaxarán  gratis no transporte público interurbano

A Tarxeta Xente Nova, dispositivo que permite que os menores de 21 anos viaxen gratis no transporte público interurbano chegará a vindeira semana á provincia de Ourense

O vindeiro martes, día 17 de marzo, comezarán a emitirse estes dispositivos nas oficinas habilitadas de Abanca da provincia de Ourense e da área de Pontevedra. A partir do luns 23 poderán comezar a empregarse nos autobuses.

 A Tarxeta Xente Nova é unha iniciativa social de fomento do transporte público que a Xunta puxo en marcha no ano 2016 nas áreas de Transporte Metropolitano, para permitir a gratuidade no transporte público a menores de 19 anos.

O pasado 1 de xaneiro ampliouse a cobertura do dispositivo ata os menores de 21 anos. Actualmente existen máis de  63.000 galegos menores de 21 anos que disfrutan da gratuidade do transporte público con este dispositivo. En 2019, o seu uso permitiu que se realizasen case 2 millóns de viaxes gratis en transporte público.

A posta en marcha da Tarxeta Xente Nova na provincia de Ourense e na área de Pontevedra é a primeira fase da ampliación territorial prevista, que se desenvolverá de forma progresiva ata acadar este ano o conxunto de Galicia.

Esta primeira fase os 92 concellos da provincia de Ourense.