viernes 23/10/20

Moción da deputada Montse Lama sobre Limisi

Para debater no próximo pleno da Deputación Provincial

Montse Lama 4

Montse Lama, Deputada Provincial polo grupo de Cidadáns e concelleira en Xinzo, ven de presentar no rexistro da Deputación, unha moción a favor da apertura inmediata das instalacións de Limisi en Xinzo, para que os máis de 50 usuarios das comarcas da Limia, Verín e Allariz, poidan canto antes  recibir os seus tratamentos.

Instar a Consellería de Política Social e Sanidade e a Presidencia da Xunta de Galicia que posibilite a apertura dos centros ocupacionais da provincia de Ourense, nomeadamente, a ASOCIACIACIÓN LIMISI de Xinzo de Limia, para a realización de terapias individuais  coa flexibilidade de avanzar a pequenos grupos (se a situación o permite) cumprindo coas medidas de distanciamento, prevención e hixiene.