sábado 07.12.2019

Moción do grupo popular para os presupostos 2020 do concello de Xinzo

Que se aumente a partida económica para as subvencións as entidades sen ánimo de lucro do noso Concello, que fagan que estas non teñan que subir as custas a cada asociada ou asociado e podan dar uns servizos de calidade como están a facer ata o de agora
Grupo popular-Foto arquivo
Grupo popular-Foto arquivo

As asociacións sen ánimo de lucro,  as actividades ofertadas polas distintas concellerías ou os centros de ensino fai anos que cumpren unha importante labor dentro da nosa veciñanza. Pondo ao o noso Concello na cabeza de oferta para todas as idades, pero sobretodo para ao público infantil e xuvenil.

Fai tempo que o Concello colabora coas instalacións, persoal laboral, subvencións nominativas ou coas viaxes en bus dos menores de idade. Axuda que permite que ditas actividades sexan o menos custosas para as persoas que realizan estas. E que na maioría dos casos, aparte da mellora da calidade de vida das nosas veciñas e veciños, levan o nome de Xinzo de Limia alén das nosas fronteiras.

Axudas que conseguiron a igualdade,  en calquera disciplina, fai xa moito tempo, sendo este Concello pioneiro entre as vilas galegas da gran diversificación de oferta para todo tipo de sexos,  colectivos e ensinanzas.

Por todo o exposto,  proponse ao pleno para  o seu debate e aprobación se procede do seguintes:

ACORDOS:

  1. Nos presupostos do ano 2020 se aumente a partida económica para as subvencións as entidades sen ánimo de lucro do noso Concello, que fagan que estas non teñan que subir as custas a cada asociada ou asociado e podan dar uns servizos de calidade como están a facer ata o de agora. E compensar integramente o gasto en desprazamentos que están a ter dende setembro ata decembro do ano 2019.
  2. Sacar a concurso un novo contrato de servizo de buses para menores pola cantidade necesaria para cubrir todos os desprazamentos das actividades tanto das asociacións, como do propio Concello ou dos centros de ensino.
  3. Instar a Secretaria Xeral para o Deporte, como anunciou trala Reunión-Felicitación que tivo co noso club centenario Antela F. C., e o resto de Secretarías Galegas a colaborar con todo o noso deporte, cultura, educación, ... e co noso Concello, tanto na mellora de instalacións como axudas para as asociacións que traballan nas zonas rurais; mellorando así a calidade de vida da nosa veciñanza.
  4. Instar a Deputación de Ourense, dentro do seu programa de dinamización do rural, aumente as subvencións a todas actividades que se realizan no mesmo ou permitan a mobilidade para realizalas.
  5. Instar ao Goberno de España que favoreza por calquera tipo de vía as entidades sen ánimo de lucro do rural.