martes 07.04.2020

De momento non hai nada exposto , nin na directiva, nin aos socios

A Asociación da Pantalla está a espera da contestación do Concello a súa proposta

De momento non hai nada exposto , nin na directiva, nin aos socios

Na tarde –noite de hoxe venres reuniuse a xunta directiva da Asociación da Pantalla para falar de  proxectos de futuro, e simplemente se informou do escrito que se presentou esta semana no Concello, para ofrecerse como tal asociación da xestión do Museo do Entroido.

Segundo afirmou,  unha vez rematada a reunión, un dos portavoces da mesma  Carlos Valle, simplemente falamos da proposta que se lle presentou ao Concello. Como aínda non recibimos ningunha resposta por parte da Concellería correspondente, non expuxemos  nada do que se podería facer, dependendo loxicamente da resposta do consistorio.

Noutro medio de comunicación afirmábase que a asociación ía expor , ó deixar o local que ocupan no propio museo  e recoller as pezas do museo que a propia asociación ten cedidas.