jueves 09.07.2020

Montse Lama, presenta varias mocións para o seu estudo no seguinte pleno

Non entendo que non se fixese ningún pleno dende fai catro meses

Que imaxe de unidade damos os partidos políticos?, e con todo o traballo que hai que facer (Montse Lama)

Montse Lama, presenta varias mocións para o seu estudo no seguinte pleno

En primeiro lugar solicita a  CREACIÓN DA COMISIÓN PERMANENTE DE TRABALLO COVID-19, UN PLAN DE RECUPERACIÓN SOCIAL E UN PLAN DE RECUPERACIÓN ECONÓMICA

Dentro das moitas medidas propostas nos tres plans solicita a Adaptación da fiscalidade municipal á situación creada pola crise do  COVID19, estudar, establecer e manter moratorias e exencións de pago de impostos e taxas municipais sobre todo a familias en situación de vulnerabilidade e a autónomos e comerciantes que vexan afectada a súa actividade.  

Lanzamento de axudas directas para o pago do aluguer de negocios, locais comerciais, pequenas empresas e autónomos, que visen minguada a capacidade de negocio e caída nas vendas por causa do Estado de Alarma

Dentro do ámbito social propón facer unha Análise da situación de vulnerabilidade e afectación da crise na nosa vila (datos globais de desemprego, acceso a prestacións sociais, situacións de emerxencia  habitacional e persoas sen fogar, pobreza enerxética, etc) ,así como emprender unha campaña de promoción e concienciación do consumo local, en coordinación directa coas iniciativas locais xa postas en marcha. Dirixida aos habitantes da nosa cidade e tamén da comarca.

No ámbito estritamente económico a Creación de fondos extraordinarios para a atención de políticas sociais e desenvolvemento de Plans de Emprego adaptados á situación.

Montse Lama, presenta varias mocións para o seu estudo no seguinte pleno