viernes 14/5/21

As naves agrícolas poderán conectarse a rede de suministro e sumidoiro de aguas.

Modificouse no pleno de hoxe a ordenanza municipal

co visto bo de todos os grupos saíu adiante a modificación do regulamento do servizo de abastecemento de auga potable e a modificación do regulamento do servizo de vertidos á rede de sumidoiro do Concello. Trátase de autorizar ás naves de uso agrario a que se podan conectar á rede de abastecemento e que poidan verter á rede xeral de saneamento sempre que non haxa vertidos que superen os límites da escala contaminante que establece o regulamento de vertidos. O obxectivo é reducir o número de fosas sépticas que empregan actualmente, sempre e cando os seus vertidos cumpran os requisitos legais, mentres que si non é así, terán que ter a súa propia instalación depuradora para o tratamento das súas augas residuais.