domingo 27/9/20

No Nadal volve o enxeño

No Nadal  volve o enxeño

Chegadas estas festas entre a lotería  do 22, as rifas para festas, as excursións dos colexios e cestas de nadal, todo está fiado a diosa fortuna.

Pero dentro de todas estas modalidades, aínda hai alguén que lle da unha “volta de folla”.

Isto  sucede coa “simpática ” administradora do bar As Portadas de Morgade,  que cambiou as rifas da típica cesta chea de produtos derivados do porco, por o porco enteiro.

 Nin máis nin menos por 5 euros”de nada” podes vir para a casa cun porco  de 100 Kg. O problema non solo é que toque, que cada un ten un 1% de posibilidades por cada papeleta. A papeleta, venlle despois si vive nun terceiro sen ascensor, porque seica que o porco entrégase vivo.

O éxito da rifa foi tal,  que xa van papeletas para dous exemplares. Parabén os afortunados e que haxa sorte coa residencia dos afortunados/as.

Comentarios