sábado 26/9/20
ENTREVISTA AO CANDIDATO ANTONIO PÉREZ

No río hai que facer unha acción definitiva

Ese escenario si que deixaría a este Concello 4 anos en branco.

Xa escoitamos o que queren facer os outros grupos políticos PSOE, XA, que falan de externalización porque non poden dicir privatización

Quéixome, aínda que me dóa, que a nosa materia pendente é a limpeza

Antonio Pérez, candidato PP
Antonio Pérez, candidato PP

Cales serán as primeiras accións, que quedaron pendentes?

Nos como seguimos traballando, non son promesas. Outros falan de circunvalacións, sen dicir por onde, de que maneira e con que presuposto. Nos xa temos por onde vai a ir, xa temos o proxecto feito e valorado.  Xa está presentado na  Consellería, e levarase a cabo en anualidades posto que o orzamento é importante. Tamén temos pendente de execución, xa aprobada dúas accións importantes, pero por estar en campaña electoral, non quixemos comezar. Si non somos nos, o próximo goberno xa ten dúas obras para executar na primeira semana.

O primeiro é a continuación da estrada de Baronzás e o seguinte será a rotonda do Parque Empresarial con cargo 100% da Deputación.

Precisamente aí rematará a circunvalación que comezará  na estrada nova de Damil ou Portugal a rotonda do pavillón de aí a pista do Real, coller a ponte nova, que agora xa se pode. De aí a estrada de Celanova e dende esta  a rotonda da autovía e a rotonda do Parque Empresarial.

Pensamos que esa é a circunvalación lóxica e natural e sobre todo que non temos nada que expropiar. Simplemente ampliar as pistas que están entre os lugares descritos. Desta maneira entendemos que calquera transporte pesado ou tractores vindo da autovía, para calquera destino que teña,  non pasará polo centro. E como digo e repito, xa está orzamentado, proxectado e a primeira fase a esperas que a Consellería de P.Territorial lle dea o visto bo. Todo isto con cartos, outros teñen ideas pero sen cartos. Nos ideas temos e teremos moitas mais, o problema son conseguir os cartos e nós xa demostramos durante estes catro anos que sabemos onde están e como conseguilos, cousa que outros din que as cousas se poden facer só con ter  Ideas e Imaxinación

Outra das debedes históricas que ten este pobo é coa estrada de  Celanova  e Avd/ de Ourense , entrada natural deste pobo.3

Outro das accións, non proxecto , é a Pista da Armada cun presuposto aprobado de 60.000 € a conta da Deputación .Quede quen quede xa terá unha obra para inaugurar.

A  outra actuación  a conseguir nestes próximos catro anos será o río .Nestes anos fixéronse moitas actuacións no río, pero solo falta remátalo cunha actuación sobre o canle no paso por Xinzo.

Todos sabemos como é o noso río e terémonos que xuntar coa Confederación, cos grupos ecoloxistas e ós técnicos para deseñar dunha vez por todas o que hai que facer no noso río, para que cando veñan as crecidas non se formen as illas e quede outra vez igual. Nos próximos días  actuaremos xa nas ribeiras , pero falta a definitiva.

No río hai que facer unha acción definitiva.

A POLÍTICA DE PERSOAL?

Xa escoitamos o que queren facer os outros grupos políticos PSOE, XA, que falan de externalización porque non poden dicir privatización. Os traballadores poden estar tranquilos, nos non vamos a facer ningunha das dúas. Nos vamos a seguir facendo cousas razonais. Tivemos que baixar os salarios un 15%, dos que agora recuperaron a metade, e nos pretendemos seguir negociando para que a recuperación deses cartos sexa canto antes. Tamén teremos que pechar o novo convenio, e intentar por en práctica a a RPT.

ELVIRA LAMA DI QUE NA RPT, FALTAN 26 ADMINISTRATIVOS?

Esa señora non viu a RPT, o único que viu foi un proxecto da universidade. Hai xente que pasou polo concello pero que non se enterou. O que hai que facer é reestructurar e organizar. Con respecto nás outras declaracións ,  como o de expedientes, non quero entrar. Eu solo lle preguntaría si se acorda na época do tripartito, que consistía en ir detrás dos obreiros medindo o traballo coma se fora con un látego. A nosa política de persoal é levarnos ben cos traballadores e cos sindicatos e chegar a acordos beneficiosos para as dúas  partes.

O OUTRO CABALO DE BATALLA, O CONSERVATORIO?

Fai dous cursos tiven que saír en público dicindo que non se ía pechar o conservatorio. Os outros grupos dician  o contrario. Recordar que conservatorio como o de Xinzo solo hai dous na provincia Fai medio ano, outra vez tivemos problemas co conservatorio, pero non por querer péchalo, se non por necesidades de ampliación outra vez.

Recordar que se puideron contratar 4 profesores máis, grazas a unha subvención da Deputación, precisamente co voto en contra da Sra. Lama e o seu grupo. Xa sei que dirá que esa subvención ía dentro dun paquete, pero iso tenllo que explicar o pobo. Ela aquí di unha cousa e en Ourense o contrario. Tamén o Sr. Pérez Campos fala da Xunta e el ben sabe de que a Consellería de Educación, non ten competencias nos conservatorios municipais. Se a Deputación non houbera subvencionado non poderíamos contratar a máis profesores. Agora tíñanlle que explicar porque aquí din unha cousa e en Ourense outra. O mellor é que hai dous partidos socialistas. Isto é algo que non me preocupa.

O COMERCIO LOCAL?

Este e outro cabalo de batalla dós outros grupos, pero o comercio non son  solo as tendas. Nós temos uns datos irrefutables. Aumentamos o polígono industrial de 20 a 36 empresas. Onde entre outras están patacas fritas Jalys con catro obreiros e recordar que se acaba de cobrar a parcela para a nova fábrica. Iso tamén e comercio.

Con respecto ós pequenos, tamén dende o Concello se trouxeron accións de difusión do comercio en colaboración coa Xunta. Estamos  ó lado do comercio, pero non seremos nós os  que lle temos que dicir ós diferentes sectores, téxtiles ou de alimentación que precios teñen que poñer ou a que hora teñen que pechar, e cando facer as rebaixas, ou non. Nos non podemos poñerlle portas ao campo.

Outra das cousas que se necesitan son infraestruturas,para que a xente que veña estea a gusto. Tamén pensamos que outra das cuestión que fai falla é unha recuperación económica a nivel total.

Como digo trataremos de ter mais convenios cos comerciantes. Pero isto ten que ser bidireccional, dos comerciantes cara a o Concello e viceversa. Estaremos  para apoiar o comercio. Estaremos para apoiar calquera iniciativa que xurda.

AS FESTAS, QUEN AS TEN QUE PAGAR, OS OUTROS GRUPOS DIN QUE O POBO?

Iso tenllo que dicir eles ós veciños. Eu recordo que na época do bipartito, se fixera un recibo de 10 euros, e montouse un cipitoste. Pensamos que a cuestión non é esa. Pensamos que a cuestión é que ten que haber unha implicación maior do comercio, a hostalería e industria, para a organización conxunta e a aportación conxunta. Se temos o Entroido mais largo de España, manter iso ten que ser cunha colaboración conxunta, non solo criticar se non participar en todo.

Creo que si estamos todos, hoteleiros, concelleiro, Concello etc, todos deseñaremos como e con canto custe. Mais que o problema económico penso que o importante é a colaboración de todos.

Todos sairemos beneficiados desta unión. A formula ten que ser esa, non solo a económica.

QUE DEIXOU DE FACER DURANTE ESTES CATRO ANOS

Quéixome, aínda que doa, que a nosa materia pendente é a limpeza.Temos que recoñecer que esta faceta leva descoidada en Xinzo dende fai moitos anos, non é destes últimos catro anos, que tamén.

Eu, si o pobo nos da a súa confianza, da que non dubido nada, a semana seguinte presentareime na Xunta e na Deputación, para que entre os dous acheguen os cartos necesarios para a compra dun camión baldeador. Esta é a única maneira que o pobo poida estar limpo, e non dubido nada que o conseguiremos nun espazo curto de tempo.

Nos xa conseguimos unha varredora e unha pikap, que non é suficiente e sigo decindo que é a nosa asignatura pendente.

QUE ENQUISA CREE?

Eu non creo en ningunha, aínda que sexa moi manida a contestación eu solo creo na do día 24. Recordo que fai 4 anos algunha nos daba 3/4. Eu penso que non acertan case nunca. Ver o que pasou en Inglaterra, e neste noso país, ver o que pasou con Podemos, e prognostico que pasará con Cidadáns, que a partir do verán verase como baixan.

SE NON GAÑA POR MAIORÍA, QUE?

Pois que gobernarán os outros, ou terán que poñerse de acordo para gobernar.

VE VIABLE ESE ESCENARIO DUN TRIPARTITO.

Eu loxicamente non o vexo factible, pero viable, pode ser numericamente. Quen ten que responder é o grupo, pero nos non pactaremos con ninguén.

Eu coñezo ós  tres candidatos. O sr. Campos chegou aquí de nº 2 do BNG, despois nunha rotura,foise a AGE, e na seguinte rotura a independente. Non vexo eu a este candidato volver a xuntarse agora co representante do BNG, para formar goberno, e añadirlle o PSOE.

Ese escenario si que deixaría a este Concello 4 anos en branco.

SOBRE AS DECLARACIÓNS DA VIDREIRA.

Eu cualifico a campaña da Sra. lama dunha campaña fotográfica.Onte na vidreira, hoxe co Pte. da Cámara de Montalegre, falando da ruta do Támega, e mañá o mellor sorpréndenos cunha foto en Trandeiras, aínda que non penso que se atreva.

A Sra. Lama deberíase recordar que fai un ano entrou no Concello a solicitude para liberar a vidreira e o que é máis grave é que tamén tiña que saber que a Vidriera, xa non é dos propietarios (SOTRANCO)que a tiñan. Nestes momentos a vidriera está nas mans dun  Administrador Concursal. Ela falaba dunha plataforma loxística. Eu quixera saber que plataforma funciona en Galicia. Esa é unha idea que se lle ocurriu , como outras moitas que se lle ocorren, como a da restauración de Trandeiras.

Nos funcionamos con realidades. Eu teño porriba da mesa o informe da  conta de patrimonio onde se ve o ingreso da nova parcela do polígono.

Ela fala de ideas. Ideas temos todos, pero o problema son os cartos. Isto da Sra. Lama non é máis que propaganda e carteleira electoral, pero detrás non hai nada.

A GARDERÍA?

Nos temos un proxecto presentado na Xunta para ampliación do edificio e polo tanto de prazas. Creo que serían arredor de mais de medio cento de prazas. Eu creo firmemente que este proxecto será realidade nun prazo curto de tempo. Recordar que fai poucos meses se fixo unha ampliación, pero como digo xa temos presentado outra ampliación, porque consideramos que é necesaria. Nós falamos de realidades non só  imaxinación e ideas realizables.

ALGUNHA OUTRA ACTUACIÓN MAIS EN TEMA DE CULTURA?

IMG_8587

Pois efectivamente vamos a conseguir cartos para reformar a Casa de Cultura, pero reformar para ampliar, que iso é o que se pode conseguir y é o que se necesitas para Xinzo. Nos non necesitamos un auditorio de 1.000 prazas que solo se utilizaría 3 dias o ano. Nos pretendemos ampliar o edificio actual metendo os soportais dentro, co cal se ampliará a sala de exposicións e poderse ampliar tamén o aforo. Iso son proxectos realizables e rentablessó.

Para rematar, eu esperaba unha campaña limpa, eu no último pleno recordei a todos os compañeiros que se foron para sempre e aqueles que deixaron o Concello por motivos persoais agradecendo a todos os seus servicios. Tamén  pedinllea todos os que formaban parte da corporación nestes momentos  que se fixera unha campaña limpa. Non soio no tema de carteleira, para non ter que limpar despois eses sitios, cousa que non o fixeron, pero sobre todo unha campaña limpa de agresións verbais..

 Deberían utilizar  as redes sociais en positivo, para dar a coñecer os programas  e explicar o que se pretende facer, pero teño que dicir que non foi así. Outros adicáronse a insultos, ós que dende logo o meu partido non quixo responder.

A campaña debe utilizarse para dicir o que cada un fixo durante os catro anos e o que pretendemos facer de cara ós seguintes catro.

Tampouco debemos dicir o contrario do que se di nos plenos. Eu lin nos medios estes días unha denuncia dun partido no que se nos acusa de sacar un concurso de electricidade para empresas dafora. Cando  se lle dan a empresas da comarca, acúsanos deso, cando sacamos por imperativo legal non só a todo o territorio, se non a toda Europa, insisto por imperativo legal, acúsanos de querer darllas a Ferrovial, etc. O que non poden e acusarnos duna cousa e da contraria. O que teñen é que explicar a postura de cada un deles. Queren externalizar(privatizar),pero antes teñen que facer un ERE. O problema é que somos reos do que dicimos.

Eu fai dous anos dixen que si viña a mina, eu dimitía, e esas cousas hai que telas claras e cumprilas. 

Comentarios