Si non fora o cinturón, non o contaba

rescate furgo3
Si non fora o cinturón, non o contaba

Así se expresaba o conductor da furgoneta accidentada na tarde do sábado na saída da A-52 en Xinzo.

O primeiro que fixo, cando deu cortado o cinturón de seguridade que , loxicamente levaba posto, foi correr terraplén arriba, porque o outro conductor estaba na mediana da autovía e corría un grave peligro.
Cando chegou onda el, simplemente se queixaba de magulladuras.
GUARDIA CIVIL E PROTECCIÓN CIVIL
Ata o lugar dos feitos achegouse unha patrulla da Guardia Civil, así como os membros de Protección Civil de Xinzo para colaborar. A Guardia Civil, como non houbo feridos nin levantou atestado.


rescate furgo4DESLUMBRADO POLO SOL
Según relata o conductor da furgoneta, totalmente tranquilo, di que foi o sol que en milésimas de segundo, como estaba moi baixo, cegouno e foise empotrar no turismo que circulaba na mesma dirección.
O turismo foise a mediana, e él saiuse da calzada indo a parar unhos 20 metros máis adiante por un terraplén de máis de 4 metros ata que chegpu a un matorral e a furgo empotrouse de fronte. Con serenidade cortou o cinto de seguridade, cortou a corriente e votouse fora para ir a auxiliar o outro coche.


rescate furgo 5MÁIS DE 20. Millóns de Km
O conductor, profesional do transporte di que leva no corpo máis de 20.000.000 Km, nos 35 anos que leva na carretera, dende que escomenzou fai eses anos traendo a prensa de Madrid.

RESCATE SOLIDARIO

Pronto se achegaron o lugar do sinistro veciños do pobo de Morgade que pronto tamén se ofreceron a axudar, para quitar a furgo do lugar e o estado en que se encontraba.

O camión grúa, tiña que vir dende A Gudiña, co cal tardaría aínda un par de horas, co que se faría de noite.

Un veciño, acompañado por familiares, achegouse a súa granxa en busca do tractor, e demostrando moita experiencia o terceiro intento logrou poñer a furgoneta coas rodas na súa postura correcta, para que un camión plataforma entrara na leira e o puidera levar, primeiramente a descargar a mercancía que levaba e despois , segundo manifestou o condutor, para o desguace.

A manobra foi seguida por bastantes curiosos que aproveitando a boa tarde achegáronse ata o lugar.