lunes 09.12.2019
NOTA DE PRENSA GRUPO POPULAR DE XINZO

"Non quixeron facer o presuposto do ano 19 para evitar a maioría destes problemas"

Mala ou nula xestión dun Grupo de Goberno que en 5 meses abandeira unha subida do imposto do lixo dun 10% ou unha falta de previsión endebedando ao Concello

Foto arquivo
Foto arquivo

Mala ou nula xestión dun Grupo de Goberno que en 5 meses abandeira unha subida do imposto do lixo dun 10% ou unha falta de previsión endebedando ao Concello

 

Nóminas, subvencións ou pago a provedores sen abonar en tempo e forma é no que se atopaba o Concello de Xinzo de Limia antes do último plenario. Deixadez, falta de previsión, caos interno no catripartito, ...

 Calquera cousa pode ser neste Grupo de Goberno Frankenstein que despois de case 5 meses mal xestionando o noso Concello ande a correr para aprobar un crédito de 1.850.000,00€  para facer fronte os gastos ata rematar o ano.

Traballadoras e traballadores municipais sen percibir o seu salario, as asociacións sen ingresar as subvencións aprobadas fai meses, facturas gardadas nos caixóns sen présa de abonalas, non apertura novos concursos de contratos xa rematados (como o do mantemento eléctrico ou alumeado de Nadal).

Por sorte o Concello de Xinzo de Limia non chega ao CAOS ECONÓMICO, pola boa xestión da anterior corporación, que deixou en herdanza un Concello saneado, que permite endebedarse en case 2 millóns de € como se aprobou no anterior plenario; e da boa labor dende os departamentos técnicos do noso Consistorio.

Dna. Elvira Lama prefire estar pendente de roldas de prensa sen contido con titulares banais, ou de culpar falsamente, unha e outra vez, ao anterior Grupo de Goberno, ou a subida de impostos;

Que de calcular ben os pagos a realizar, en tempo e forma;  tanto de persoal, subvencións, provedores, as importantes obras que o anterior goberno ben xestionou (Av.  Celanova, Av. Madrid, Parque Empresarial, Estación de Buses, ...) ou licitar concursos.

Para vender aos medios unha boa xestión primeiro hai que facela, un titular ou unha foto non fai xestión; a xestión faise cos distintos departamentos municipais e co seu persoal, anticipándose aos futuros problemas, buscando solucións a tempo, non improvisando sobre a marcha. Parece mentira o tempo que levan en política.

Non quixeron facer o presuposto do ano 19 para evitar a maioría destes problemas, nin fixeron o do ano 20, como se encheron a boca de prometendo en plenos e roldas de prensa, que xa estaría en outubro; pero estamos en novembro e nin está nin se lle espera de momento.