Nos non gardamos os tractores (Amador Díaz)

Amador Díaz, participando na tractorada
Nos non gardamos os tractores (Amador Díaz)

Si non nos atenden iremos con eles a onde faga falta, Ourense, Santiago, Madrid ou Bruxelas.

Amador Díaz, participando loxicamente na tractorada
Amador Díaz, un máis na tractorada

Amador Díaz, presidente da asociación de produtores de pataca da Limia, primeira asociación que deu a voz de alarma e que secundou totalmente tamén os sindicatos agrarios e ADEGAL que agradecer a todos os sectores, comercio, hostalaría, talleres, así como agricultores e gandeiros, e por suposto aos veciños de Xinzo e a comarca as mostras de entendemento ao que nos estamos a pedir.

ISTO DEMOSTRA QUE TODOS ESTAMOS A PASALO MAL

A manifestación histórica de tractores, maquinaria e veciños o único que demostra, por desgracia, é que todos o estamos a pasar mal. Foi un día histórico para a Limia.

IR A ONDE FAGA FALTA

Este mesmo luns enviaremos escritos ás distintas administracións coas nosas peticións e anunciamos que nos os tractores non os vamos a gardar , se non nos atenden iremos con eles a Ourense, Santiago, Madrid ou se fai falla a Bruxelas.