sábado 19/6/21

Novas medidas para bares, mesóns...a partir de hoxe mesmo

Desde cando se pode ir a cenar a mesóns, bares, ou taperías?

rúa dos viños Ourense (foto cedida)
rúa dos viños Ourense (foto cedida)

Pódese cenar en mesóns, taperías e restaurantes a partir de hoxe mesmo, ata unha da madrugada?

Efectivamente o Presidente da Xunta aclarou esta mañá que dende esta mesma noite, xa se pode cear, ademais dos restaurantes nos mesóns e bares de tapas ata unha da mañá.

Que requisitos debemos e deben cumprir estes establecementos?

.- Solo poderemos estar sentados 4 persoas no interior e seis no exterior.

.- A partir das 23h non se pode tomar viños e seguira a prohibición de tomar nas barras.

.- A partir da unha da madrugada e ata as 6, solo poderán estar reunidos convivintes nas casas.

.-  Temos que reservar as cenas en calquera destes sitios..- Os establecementos deberán ter un rexistro de clientes de reserva previa para facilitar o rastrexo, no caso que se produza un brote.

.- Os locais deberán gardar durante un mes, s lo menos, os datos dos clientes DNI, nome e apelidos e teléfono de contacto.

.- Os establecementos, bares, taperias, etc. deberán cumprir coas normas de medición de CO2, tendo que instalar nos locais os medidores. Terán unha pantalla na que se poidan ver as medicións, estando estas pantallas en lugar visible para os clientes. Chegados a unha concentración máxima de 800 (p.p.m) deberán reforzar a ventilación do local.