jueves 09.04.2020
NOTA DE PRENSA GRUPO POPULAR DE XINZO

Novas propostas do PP ao goberno de Xinzo

Serán plantexadas na 1º reunión da Comisión de Seguimento
Luis M. Gil e Toni Fernández (PP)
Luis M. Gil e Toni Fernández (PP)

No segundo dos escritos presentados solicitan varias actuacións urxentes, que pretenden sexan tratadas na Comisión que se constituirá mañá pola mañá de seguimento da situación de Alarma e Emerxencia Sanitaria.

As propostas do grupo do PP son:

1.- Desinfección das nosas rúas, mobiliario urbano, parques,... na vila e nos pobos seguindo os protocolos ditados tanto polo Goberno Autonómico como polo Gobeno Estatal.

2.-  Anunciar por todos os canles posibles os nºs de teléfonos de axuda do noso Concello. Moitas veciñas e veciños non teñen redes sociais, internet ou teñen medo a saír as rúas a ler os bandos.

3.-Sempre seguindo os protocolos sanitarios debidos ao Estado de Alarma e de Emerxencia Sanitaria no que nós atopamos; colocar baños-wc portátiles públicos en zonas onde sexa sinxelo o acceso ao persoal municipal, de outras institucións ou privado, que está ou estará a traballar no noso Concello e non pode acceder, como facía antes aos baños-wc dos locais de hostalería. Repetimos seguindo o protocolos de limpeza, desinfección e uso