Novas propostas do PP ao goberno de Xinzo

Toni fernaández
Novas propostas do PP ao goberno de Xinzo
Serán plantexadas na 1º reunión da Comisión de Seguimento

No segundo dos escritos presentados solicitan varias actuacións urxentes, que pretenden sexan tratadas na Comisión que se constituirá mañá pola mañá de seguimento da situación de Alarma e Emerxencia Sanitaria.

As propostas do grupo do PP son:

1.- Desinfección das nosas rúas, mobiliario urbano, parques,... na vila e nos pobos seguindo os protocolos ditados tanto polo Goberno Autonómico como polo Gobeno Estatal.

2.- Anunciar por todos os canles posibles os nºs de teléfonos de axuda do noso Concello. Moitas veciñas e veciños non teñen redes sociais, internet ou teñen medo a saír as rúas a ler os bandos.

3.-Sempre seguindo os protocolos sanitarios debidos ao Estado de Alarma e de Emerxencia Sanitaria no que nós atopamos; colocar baños-wc portátiles públicos en zonas onde sexa sinxelo o acceso ao persoal municipal, de outras institucións ou privado, que está ou estará a traballar no noso Concello e non pode acceder, como facía antes aos baños-wc dos locais de hostalería. Repetimos seguindo o protocolos de limpeza, desinfección e uso