Novas propostas do PP ao grupo de goberno

Novas propostas do PP ao grupo de goberno
Entre outras, baixar as bandeiras do Concello a media asta e colocarlle un crespón negro en recordo das vítimas do Coronavirus.

Estamos nunha situación anómala nas nosas vidas, persoas falecendo a centos no noso país, un contaxio masivo cada día que pasa, un confinamento mundial e unha parálise económica nunca antes vivida.

Aínda así, temos a gran sorte de contar con grandes profesionais en primeira liña loitando contra a COVID 19 e as súas consecuencias, póndose en perigo fronte ao Coronavirus;

Loitando pola nosa saúde, alimentación, medicamentos, seguridade, limpeza, desinfección, loxística, educación, ...

Por todo elo, nunha situación que nos pide estar ombro con ombro, fagamos público o noso pesar polas vítimas e deixemos para sempre na memoria o grande esforzo da nosa xente que está en primeira liña.

SOLICITAMOS QUE:

1.- Baixar as bandeiras do Concello a media asta e colocarlle un crespón negro en recordo das vítimas do Coronavirus.

2.- Unha vez rematada esta dura realidade e volvamos ao noso día a día, facer un recoñecemento institucional do noso Concello a todos os colectivos que están en primeira liña.

3.- Colocar unha escultura na memoria das vítimas e do esforzo de profesionais e voluntariado que están na primeira liña; nun lugar simbólico da nosa vila.

Xinzo de Limia a 27 de marzo de 2020