martes 11/5/21

Novas Xeracións de Xinzo rematou a súa campaña solidaria de libros

Cáseque un milleiro de libros foron recollidos

FIN CAMPAÑA LIBROS DE TEXTO

Novas Xeracións de Xinzo, cerraron hoxe venres día 24 de abril, a campaña solidaria de recollida de libros de texto e material escolar, "Un libro, unha oportunidade", co balance de medio milleiro de libros de texto, grazas a axuda de achegas individuais, e colectivas como as do CEIP Rosalía de Castro, que colaborou cunha inxente cantidade de libros de texto. Na foto, están o presidente de NNXX, José Antonio Parente Camino, o Presidente local do Partido Popular de Xinzo e alcalde da Vila,  Antonio Pérez Rodríguez, o Presidente de honra de nnxx, Antonio Fernández Vega "Toni",  concelleiros da actual corporación, como os responsables das áreas de deportes, cultura e medio ambiente, Luis Miguel Gil Penín,  Carlos Gomez Salgado e María dolores Calvo López,  ademais dos membros de Novas Xeracións de Xinzo. o presidente de NNXX, Parente Camino, quere agradecer a todas as persoas e colectivos que colaboraron con esta campaña solidaria, cuxos beneficiarios serán os nenos dos países en vías de desenvolvemento, a través da ONG, Aldeas Infantiles, encargada de enviar o material recollido; e a todos e a cada un dos membros de NNXX que en todo momento traballaron e colaboraron para que esta campaña poida lograr o seu obxectivo, acercar un pedaciño de cultura os nenos mais desfavorecidos. Moitas grazas a todos e a todas.

Comentarios