martes 11/5/21
ESCOLA RURAL DE SAUDE DA LIMIA

Novo curso de formación dirixido a cidadanía e a coidadores

Abre o prazo de inscrición para o curso Cuidar-nos organizado pola Escola Rural De Saúde da Limia

O curso Cuidar-nos comezará o día 3 de marzo e rematará o 16 de abril. En total son 11 sesións, de unhas dúas horas cada unha, onde se tocarán varios temas primordiais para adquirir conceptos básicos sobre o tratamento as persoas dependentes e enfermos crónicos. Este curso está dirixido a cidadanía en xeral pero, especialmente a os coidadores. Cabe destacar, que os asistentes porán contar coa presenza de profesionais da materia, que exercen hoxe en día,  para a súa formación.

As sesións celebraranse na Aula 2 da primeira planta da Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

É NECESARIA A INSCRIPCIÓN PREVIA

Comentarios