sábado 14.12.2019
Último traballo realizado polo concelleiro de turismo Carlos Gómez

Un novo elemento recordara en Xinzo de Limia a orixe romana da Vila

Este segmento dun miliario, permanecia nos almacéns da Brigada municipal dende hai anos

Un novo elemento recordara en Xinzo de Limia a orixe romana da Vila como encrucillada de Camiños. A Concelleria de Cultura e Turismo pretende poñer en valor o pasado romano da Comarca pola que pasaban importantes vias, como a XVIII, ou a chamada vía Limica. 

Este segmento dun miliario, permanecia nos almacéns da Brigada municipal dende hai anos, fora donado por un farmacéutico de Xinzo que o atopara nunha finca da sua propiedade  proxima a Via Nova.

Na base levara un texto explicativo no que se pode leer unha e xplucacion de este monumento:

Xinzo de Limia, Epicentro de camiños na época Romana

miliario museo

MILIARIO ROMANO, correspondente a milla nº 66 da Vía XVIII do itinerario de Antonino. 

A tamén chamada Vía Nova, construída entre os anos 79 e 80 DXto. tiña unhas 218 millas romanas (mais de 350 kilómetros) comunicando dúas importantes cidades da Hispania Romana: Bracara Augusta (Braga) capital do Conventus Bracarensis do que formaban parte os pobos Límicos. E Astúrica Augusta (Astorga) capital do Conventus Astúrum.  

Estas duas cidades xunto con Lucus Augusti (Lugo), capital do Conventus Lucensis conformaron as tres capitais da posterior Gallaecia.

A Via XVIII atravesaba as terras da Limia en diagonal de sudoeste a nordeste, e partes asolagables da Lagoa de Antela, sobre inxeniosas empalizadas de madeira, nun prodixio mais da arquitectura civil romana.

Este tambor dun miliario, atopouse entre un conxunto de fragmentados miliarios na paraxe chamada da Fonte Carballa, no termino de Vilar de Santos, onde aínda hoxe se conservan, e son visitabeis, importantes vestixios daquela Vía.

Nalgúns fragmentos da Fonte Carballa que segundo o profesor Antonio R. Colmenero poderian completar esta columna miliaria , documentouse unha inscrición dedicada ao emperadore Adriano, fillo de Traxano, que reinou entre os anos 117 e 138 DXto, época a que podería pertencer esta sección.

miliario museo 2Na época Romana a Cidade dos Límicos, a Civitas Limicorum onde se atopaba o Foro de Lémica, baixo o chán do actual Xinzo de Limia, estaba atravesada, e nela confluían varias vías romanas.
Entre as mais importantes a que ia de Aquas Flavias (Chaves) a Lucus Augusti (Lugo) e Brigantium (A Coruña) cruzándose coa Via XVIII por Vilariño e Geminas (Sandiás) na Ponte das Poldras ou na de Antela, nas súas variantes de Souteliño, Lucenza e Seoane de Oleiros, ou por Tamagos, Verín, Penaverde e Trasmiras.
Un ramal desta vía partia da Civitas Limicorum a Minius e Tude (Tui) polos Coelerni (Celanova)
Outra importante vía, era a chamada Vía Límica, un camiño dos antigos poboadores Límicos, que foi unha transitada variante da Vía Nova dende Ponte Linares a Vilar de Barrio, e ainda unha mais que viña de Montalegre por Saler.

MILIARIO ROMANO, correspondente a milla nº 66 da Vía XVIII do itinerario de Antonino.

9223372036854776000A tamén chamada Vía Nova, construída entre os anos 79 e 80 DXto. tiña unhas 218 millas romanas (mais de 350 kilómetros) comunicando dúas importantes cidades da Hispania Romana: Bracara Augusta (Braga) capital do Conventus Bracarensis do que formaban parte os pobos Límicos. E Astúrica Augusta (Astorga) capital do Conventus Astúrum.  

Estas duas cidades xunto con Lucus Augusti (Lugo), capital do Conventus Lucensis conformaron as tres capitais da posterior Gallaecia.

A Via XVIII atravesaba as terras da Limia en diagonal de sudoeste a nordeste, e partes asolagables da Lagoa de Antela, sobre inxeniosas empalizadas de madeira, nun prodixio mais da arquitectura civil romana.

Este tambor dun miliario, atopouse entre un conxunto de fragmentados miliarios na paraxe chamada da Fonte Carballa, no termino de Vilar de Santos, onde aínda hoxe se conservan, e son visitabeis, importantes vestixios daquela Vía.

Nalgúns fragmentos da Fonte Carballa que segundo o profesor Antonio R. Colmenero poderian completar esta columna miliaria , documentouse unha inscrición dedicada ao emperadore Adriano, fillo de Traxano, que reinou entre os anos 117 e 138 DXto, época a que podería pertencer esta sección.

Na época Romana a Cidade dos Límicos, a Civitas Limicorum onde se atopaba o Foro de Lémica, baixo o chán do actual Xinzo de Limia, estaba atravesada, e nela confluían varias vías romanas. 