viernes. 03.02.2023

Dende o C.D.R O Viso temos posto en marcha, un ano máis, o curso de Competencias dixitais contra a exclusión. Están en funcionamento tres grupos: dous en Xinzo de Limia que se xuntan os luns e os martes pola mañá na Casa da Cultura e no que participan un total de 20 persoas e un terceiro formado en Lodoselo que se imparte os xoves no Centro de Inclusión e cun total de 16 participantes.
Con estas formacións preténdese acadar unha mellor inmersión das persoas da comarca da Limia na cultura dixital e contribuír a mellorar a autonomía de todas as participantes.

17-22-9-39.admin.Alfabetizacion_dixital_3

Convencidos de que con estes obradoiros no só se consegue reducir a fenda dixital ligada á cuestión xeracional, senón que tamén se crean espazos de relación e comunicación saudables, promóvense conductas para a  igualdade entre homes e mulleres...  achegando dende o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso” esta pequena cooperación cultural tan necesaria; xuntarnos, actuar en común, fomentar o coñecemento e o respecto, incentivar unhas relacións que faciliten a convivencia, a cultura. E cultura é saúde.

Esta é unha actuación enmarcada na subvención de Inclusión de política Social da Xunta de Galicia: “promover a igualdade, a saúde e a inclusión social” e financiada parcialmente con fondos REACT-UE pola Unión Europea como parte da resposta á pandemia da COVID-19.