martes 21/9/21
OBOTUARIO A MANOLITA

OBITUARIO MANUELA VALLEJO DORRÍO

OBITUARIO DE MANUELA VALLEJO DORRÍO

Despois de varios días dende o pasamento da nosa compañeira do Grupo Municipal Socialista, Manuela Vallejo Dorrio, o sentimento de vacio e desamparo non deixa lugar para moitas verbas e si para os sentimentos.

A compañeira de corporación que finou o pasado sábado dia 11 de abril de 2015, non foi una muller calquera.

Como concelleira, levou a súa responsabilidade, mais aló da súa enfermidade, acudindo a cada acto institucional ata que, a súa loita contra o cancro llo impediu.  Ocupou o cargo de concelleira Socialista  en xuño do 2011, con orgullo, como o fixo tamén o seu pai nesta corporación, nas primeiras lexislaturas da democracia.

Como socialista, imprimiu carácter,  defendendo os principios dos que nos sentimos orgullosos, e xunto co seu compañeiro a bo fe que serán un gran legado patrimonial, para as súas fillas, así como para tódolos seus alumnos, que pasaron durante anos polas aulas da súa Academia,  onde foi mestra.

Como veciña deste pobo,  o que amaba e no que se criou, intentou contribuír a facelo mellor, aportando sempre una visión construtiva para que puideramos facilitar a labor de goberno. Foi todo alegría e diversión aínda nos últimos anos cando a enfermidade xa era evidente, o que engrandece aínda mais a súa valentía, e coraxe.

Como Amiga persoal, do que podo presumir e sentirme orgullosa, dicir que foi un pracer contar coa súa amizade,  lealdade e cariño, ata o ultimo minuto; desexarlle que na súa viaxe final se atope feliz  e descanse para sempre, xunto cos que lle precederon.

“Mucha gente pequeña, en lugares pequeños, haciendo cosas pequeñas, puede cambiar el mundo” Eduardo Galeano, compañeiro de loita e viaje.

Elvira Lama, concelleira  portavoz PSOE  no Concello de Xinzo 

Comentarios