jueves 09.04.2020
Primeira muller licenciada en medicina de Galicia

Olimpia Valencia (Baltar, 1898 - Vigo, 1987)

foi premio extraordinario na carreira de Medicina, que cursou en Santiago.
retrato_olimpia_valencia
retrato_olimpia_valencia

Olimpia Valencia (Baltar, 1898 - Vigo, 1987) foi premio extraordinario na carreira de Medicina, que cursou en Santiago. Posteriormente, trasladouse a Madrid, onde estivo na olimpia valencia"Residencia de Señoritas de María de Maeztu", institución que a escritora considerou "clave para "as mulleres daquela época", pois foi a primeira en España de carácter universitario para mulleres, e pola que pasaron 33 galegas. En 1931 subscribiu un manifesto de apoio á candidatura de Castelao, e en 1937 firmou outro manifesto no que animaba a todas as mulleres a votar, sendo detida un ano despois. A este rexeitamento pola súa actividade política soubo repoñerse Olimpia Valencia para converterse, daquela, nunha respectada profesional da medicina.
O libro Olimpia Valencia. Ocho décadas de historia desde los ojos de una pionera conta coa colaboración da Deputación de Ourense e é obra de Ana Fuentes, licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Redactora xefa de Atlántico Diario e especialista en xornalismo económico e fundadora do Grupo Sumamos, para visibilizar a mulleres profesionais. Ana Fuentes foi recoñecida co Premio Cegasal de periodismo en Economía Social. (Foto Via Lethes)