viernes 30/10/20
Turismo

Ourense será sede dos III Encontros do Clúster de Turismo de Galicia

A participación na xornada, impulsada pola Deputación de Ourense e o Clúster Turismo de Galicia, é gratuíta previa inscrición ata completar aforo

Francisco Gonzalez, Ovidio F ernández e Manuel Baltar
Francisco Gonzalez, Ovidio Fernández e Manuel Baltar (de izquierda a derecha).

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Francisco González, asinaron un convenio de colaboración entre ambas entidades para a celebración dunha xornada profesional dirixida ao sector turístico co obxectivo de abordar os retos e oportunidades que se lle presentan a este sector no horizonte 2020. Baixo o título "#Estrategia2020. Consolidando un destino turístico sostenible", desenvolveranse os III Encontros Clúster Turismo de Galicia, o vindeiro 27 de abril, no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense destacou a importancia de apoiar este evento que sitúa á provincia de Ourense, neste ano 2017, "como capital do turismo de Galicia ó acoller o seu Encontro anual e subliñar o papel fundamental de Ourense no ámbito do turismo e, sinaladamente, no ámbito termal".

As edicións anteriores celebráronse en Vigo e A Coruña

O apoio da Deputación de Ourense permite que a terceira edición destes Encontros se celebren por primeira vez en Ourense, nunha xornada na que estarán presentes a secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asián, así como a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, entre outras autoridades. As edicións anteriores celebráronse en Vigo e A Coruña, co obxectivo de servir de punto de encontro para o sector turístico galego e profundizar no coñecemento de Galicia como destino turístico para mellorar a posición competitiva de Galicia no mercado turístico global.

Neste senso, o presidente do Clúster Turismo de Galicia mostrábase moi satisfeito de poder continuar desenvolvendo estes encontros a modo de foros de debate "que nos permitan intercambiar experiencias, profundizar nos cambios que sofre este sector e coñecer ferramentas que nos axuden a adaptarnos ás novas demandas do mercado, favorecendo sempre o networking e o intercambio de ideas".

A xornada, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, contará coa participación de expertos de máximo nivel

Relatores de máximo nivel

A xornada, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, contará coa participación de expertos de máximo nivel como Fernando Cuestas, responsable de Amadeus España, empresa internacional de intermediación no sector viaxes ou do ex-xogador e directivo de baloncesto e actualmente vicepresidente da NBA Europa, África e Oriente Medio, Fernando Bueno.

Asemade, a xornada incluirá mesas redondas que xirarán entorno á enogastronomía, ó termalismo ou ós eventos culturais e deportivos como xeradores de novas oportunidades para o sector turístico galego, sen esquecer o turismo colaborativo. Mesas redondas nas que participarán responsables de entidades e empresas como o Basque Culinary Center, Airbnb, Unipublic, IBM, Pangea, Globaldit ou Nextel.

A participación na xornada, impulsada pola Deputación de Ourense e o Clúster Turismo de Galicia, é gratuíta previa inscrición ata completar aforo e o prazo para inscribirse está aberto a partir de hoxe. Tanto a información como as inscricións poderán realizarse a través da páxina web do Clúster ou a través do correo electrónico [email protected].

Comentarios