As Pantallas conquistan as rúas de Bragança

pantalla 1
As Pantallas conquistan as rúas de Bragança

Mascarate foi unha xuntnza dos entroidos de Ourense e norte de Portugal

Esta fin de semana Bragança foi o punto de encontro dos entroidos da provincia de Ourense e da tradición do norte de Portugal. As Pantallas de Xinzo de Limia percorreron as rúas desta cidade portuguesa ateigada de xente para apreciar a riqueza do entroido ourensán. O recorrido fixéronno en compañía dun grupo de gaiteiros

da Limia.

pantalla 3pantalla 2

Tamén participaron os Boteiros de Vilariño de Conso e Viana do Bolo acompañados polos seus folións, e os Cigarróns de Verín. De Portugal interviron os Caretos de diferentes puntos de Bragançá e os tradicionais carros de bois das "Festas dos Rapazes".

Ó remate do desfile, na praça Cavaleiro de Ferreira, tivo lugar a "Luta da Galhofa" e a "Queima do Mascareto". Os grupos que participaron no desfile foron convidados a unha cea e recibiron uns agasallo da man dos organizadores.