sábado 04.04.2020

As pantallas desfilarán o sábado na praza do Obradoiro

As pantallas desfilarán o sábado na praza do Obradoiro

Como  ven sendo costume dende fai uns anos, a Secretaría de Turismo da Xunta de Galicia invita aos concellos que teñen declaración dentro do seu entroido  a un desfile no que participarán as pantallas de Xinzo xunto con outras máscaras e disfraces dos entroidos de Galicia.

O concello como é costume nestes casos encárgalle a Asociación da Pantalla  a organización deste acto.

40 persoas mais seis músicos

Ata Santiago desprazaranse este sábado as 08:30 horas un grupo de 30 pantallas mais 10 persoas que van como staf, para axudalos entre outras cousas a vestilos. Ademais acompañan ao grupo  10 músicos para que o discorrer das pantallas sexa mais completo.

O desfile comezará  as 10:15 partindo da Praza do Obradoiro e percorrendo as rúas do casco antigo de Santiago, para rematar outra vez  no Obradoiro.

Unha vez rematada a mañá os participantes participarán nunha comida de confraternización entre todos os participantes.