domingo 29.03.2020

Papa Noel chegará a Morgade o domingo 22

Todos os rapaces e rapazas que se anoten terán chocolate, bica e regalos

A asocicación de veciños de Morgade está a organizar para este domingo 22 unha festa de ben vida a Papa Noel para todos os rapaces e rapazas do pobo.

79234628_781630885644737_6467505824699777024_n

Todos aqueles que queiran participar terán que facer a inscrición nos dous bares do pobo, As Portadas e Caballero. esta inscrición terá un custe de 2 €.  Os cativos deberán anotarse con nome e primeiro apelido para poder facerlle entrega do agasallo que lle corresponde a cada un na chocolatada con que recibirán a Papa Noel. A festa será o domingo a partir dás 16:00 no Cnetro Social.