miércoles 01.04.2020
FIC Verín

Os participantes do obradoiro "Achegar o cinema ás persoas" realizan a súa propia curta co seu móbil

Esta actividade está dirixida pola cineasta Maider Fernández, quen tamén impartirá unha Masterclass esta noite no Auditorio de Verín, no marco das actividades paralelas do FIC Vía XIV.

Maider Fernández impartindo o obradoiro.
Maider Fernández impartindo o obradoiro.

Media ducia de persoas participaron no obradoiro Achegar o cinema ás persoas personas, unha iniciativa cunha vocación eminentemente práctica dirixida pola cineasta vasca Maider Fernández dentro das actividades paralelas do FIC Vía XIV. "Trátase –sinala Fernández- de que os participantes perciban ese outro xeito de facer películas, máis caseiro e próximo ao documental creativo".

Neste obradoiro para todos os públicos, cada asistente elaborará unha curtametraxe con imaxes e videos domésticos captados desde o seu propio teléfono móbil.

Neste obradoiro para todos os públicos, cada asistente elaborará unha curtametraxe con imaxes e videos domésticos captados desde o seu propio teléfono móbil. "Porque o mellor xeito de coñecer algo é facéndoo e, por iso, é importante ofrecer aos participantes e espectadores do FIC Vía XIV 2017 unha aproximación práctica a ese outro xeito de elaborar cinema", enfatiza Maider Fernández.

Maieder1

Deste modo, o obradoiro pretende cumprir dous obxectivos básicos: dunha banda, dar a coñecer aos participantes, autores e películas que se fixeron con ferramentas que todos temos ao noso alcance e, pola outra, que cada participante realice a súa propia peza co seu teléfono móbil.

Mentres, a maioría dos alumnos deste obradoiro amosouse entusiasmada coa posibilidade de participar nunha iniciativa deste tipo. Neste sentido, destacan a profesionalidade de Maider Fernández e o seu "impresionante perfil creativo".

Mañá darán comezo as proxeccións oficiais das curtas que se presentan a concurso.

Sobre Maider Fernández

Maider Fernández, que esta noite impartirá unha Masterclass no Auditorio de Verín, é educadora, artista e realizadora. Traballou como mediadora no Centro Internacional de Cultura Contemporánea Tabakalera, en San Sebastián. Compaxinou ese labor co de profesora de fotografía nos cursos anuais de Donostia Kultura na cidade e, á súa vez, realizando distintos traballos audiovisuais no proxecto colectivo As mozas de Pasaik. Actualmente, atópase realizando en solitario o proxecto As letras de Jordi e a videoinstalación Gloria e María.

Trala xornada de hoxe, que estivo marcada pola finalización do obradoiro de Maider Fernández, mañá darán comezo as proxeccións oficiais das curtas que se presentan a concurso.

Os participantes do obradoiro "Achegar o cinema ás persoas" realizan a súa propia curta...