martes 21/9/21

O Partido Popular de Xinzo mostra a sua satisfacción de que o Plan de regadío da Limia se transforme nunha realidade

Despois de tanto esforzo e dedicación por parte de todas  as institucions , grupos políticos, axentes sociales implicados, con especial mención ás distintas asociacions agropecuarias (ADEGAL) e agrarias da nosa comarca limiá.

Grupo Popular (Pleno 27.07.21)
Grupo Popular (Pleno 27.07.21)

A dotación dun sistema de rega moderno vai favorecer a adaptación das terras de cultivo ás necesidades dun mercado cada vez máis esixente e cambiante. Faise perentorio fomentar novos xeitos de cultivar a terra baseados nunha axeitada rotación de cultivos que por un lado asegure a necesaria conservación do solo e por outro sexa capaz de aportar a rentabilidade precisa ás explotacións Limiás como pilares básicos que son, da economía provincial.

Ademais o dispor de infraextructuras de rega acordes cos tempos actuáis, permitirá ó colectivo de agricultores e gandeiros, mellorar nas políticas de conservación do medio natural, fomentar a biodiversidade como motor de futuro e ocupar novos nichos de mercado a través da introducción de novos cultivos.

Dende o Partido Popular somos conscientes de que a auga é un ben preciado pero un ben escaso, pero tamén que o agricultor e gandeiro son os principais interesados en que dito ben, siga manténdose no mellor estado posible como garente último da inmellorable calidade que presentan as produccións da Limia.

A auga, o solo, en definitiva o medio natural e por tanto rural,  son recursos que temos en aluger, xa que os seus propietarios son as novas xeracións e son a élas ás que deberemos rendir contas das nosas actuacións.

Concluíndo dende o Partido Popular de Xinzo de Limia, consideramos, e así o demostramos en todas aquelas actuacións que ata o de agora temos realizado, que era de xustiza a posta en regadío dos terreos con clara aptitude agropecuaría, razón pola cal nos congratulamos que en parte se nos fixera caso nas nosas reinvidicacións e demandas mantidas ó longo dos últimos anos. Todos e todas temos que ser conscientes que a defensa do noso agro é unha labor de cooperación conxunta e polo tanto todos e todas debemos empuxar no mesmo senso cara un traballo no rural, digno, moderno e respectuosos con medio natural.