domingo 15.12.2019
NOTA DE PRENSA DO GRUPO POPULAR NO CONCELLO DE XINZO

"Pasotismo do Grupo de Goberno en afrontar a problemática que se iniciou a pasada feira do 14 de agosto".

Grupo popular
Grupo popular

Fai dúas semanas era unha enorme malestar, hoxe é xa, a maiores, unha incredulidade pola pasividade e pasotismo co que o Grupo de Goberno Municipal afrontou a problemática iniciada na feira do 14 de agosto entre a asociación Auga Limpa Xa e o noso sector agrogandeiro.

Dúas semanas despois encontrámonos outra vez cunha recollida de firmas, panfletos e demais, contra a gran parte do noso sector primario e a potabilidade das nosas augas; coa autorización por parte do Concello de instalar o stand-mesa informativa para tal fin. Por sorte non houbo altercados, o civismo, que nós defendemos, reinou por esta vez; pero o problema está aí.

Sorprendentemente, o Grupo de Goberno, non sabemos a que espera, para iniciar as peticións feitas polo Grupo Municipal Popular, inmediatamente, tralo acaecido na anterior feira. Pero a día de hoxe non sabemos nada da convocatoria da Mesa da Limia, de facer públicas as analíticas de augas do noso Concello; que sabemos que están ben; de reunir a comisión informativa pertinente para tratar este tema, ou  adhesión dos concellos limítrofes para unirse a Moción da defensa da Mesa da Limia. Pasividade e pasotismo que permite que o noso agro, motor da economía da nosa comarca, estea atacado con informacións nesgadas.

O Grupo Municipal Popular segue a defender a nosa calidade de vida, tanto na saúde como na económica; o futuro da Limia necesita das dúas e que camiñen da mesma man. Non necesitamos tanto titular baleiro de contidos e feitos; ao que nos ten acostumados Dna. Elvira Lama; necesitamos defensa real da nosa saúde e defensa real da nosa principal base económica; en definitiva, dar os pasos necesarios para o noso futuro e non esconderse, como fixeron estas dúas semanas.

"Pasotismo do Grupo de Goberno en afrontar a problemática que se iniciou a pasada feira...