sábado 14.12.2019
O BOSQUE MÁXICO

Pedro A. Araújo Nespereira. premio OURO AZUL 2015

O Bosque Máxico acordou facerlle  entrega deste preciado

galardón do  Ouro Azul

PREMIO OURO AZUL 2015
PREMIO OURO AZUL 2015

  4ª EDICIÓN PREMIO  “OURO AZUL”

Dende o proxecto de “O Bosque Máxico”, cada  ano  no mes de marzo, coincidindo co Día Internacional da Auga, otórgase o premio Ouro Azul  ás persoas que, dalgún modo, traballan, protexen ou estudian as diferentes formas para que este elemento tan preciado como a Auga, se manteña no seu estado máis puro, potable  e nivelado posible.

Na súa primeira edición o galardoado foi o D. Eduardo Costas Costas, profesor  titular de genética e biólogo da Complutense de Madrid, polos traballos realizados na contaminación por cianobacterias no hipertrófico  encoro das Concha  e no cauce do  Rio Limia.

Na súa segunda edición o premio recaeu en D. Serafín González Prieto, investigador e Científico do CSIC no Instituto de Agrobioloxía de Galicia, polos traballos levados a cabo na defensa dos Ecosistemas  acuáticos, entre eles  a Lagoa o cauce  e os encoros do  Limia

Na terceira edición do pasado ano o premio Ouro Azulcorrespondeulle a D. Luis Rodríguez Míguez,  Doutor Hidrólogo Termal, Profesor Universitario, Escritor, Pai do Termalismo contemporáneo e creador da denominación, Vila termal, que hoxe,

E neste ano 2015, na súa cuarta edición, os colaboradores de  O Bosque Máxico acordaron facer  entrega deste preciado galardón do  Ouro Azul,  a  D. Pedro A. Araújo Nespereira.

Decano da Facultade de Ciencias de Ourense, Universidade de Vigo, polos  traballos levados a cabo no  Campus da Auga ,                                                                                        

Onde, con diferentes propostas  e estudios,  preparan a sociedade para a súa manipulación, consumo, aproveitamento, preservación e sensibilización   deste Elemento  imprescindible para o ser

Humano e toda a Biodiversidade,  A Auga.

Comentarios