Pelos y Rastas: Un lugar onde mimar a túa mascota

6
Pelos y Rastas: Un lugar onde mimar a túa mascota

Un soño cumprido : traballar no que me apaixona e de que me apaixone no que traballo

Cada can é un mundo e fanlle ser único, coa súa “ perronalidade”. Cando entras ao centro estético Pelosy Rastas, todo está no seu lugar. É sinxelo ver onde están as cousas 1e atopar o que se necesita. Todo é bonito, coherente e especial. Ela ofrece o que querería sentir ao entrar noutras tendas: benestar. Por iso vemos que todo está absolutamente pensado, ata o último detalle. O mobiliario é rosa, as paredes están empapeladas cun gusto exquisito e o sofá que preside a entrada convídache a saber que ese é un lugar onde podes atoparte a gusto.

Neses “pequenos detalles” é onde se ve o agarimo e o candor co que Marta C. Rivero quere transmitir que aquel é un lugar onde ninguén vai ser atendido dunha forma que non sexa a máis humana e amable posible. «De todos os xeitos, teño moita sorte cos meus clientes» afirma.

Aínda que eu apostilaría: a sorte é de quen a traballa.

Se tivésemos que describir a Marta nunha palabra, sería paixón. A rexente do centro de estética canino de Xinzo de Limia, sente verdadeira vocación polo seu oficio; vocación que se traduce nas súas ansias de traballar cos cans dende que estudaba bacherelato; a partir dos 18 anos comezou a aforrar para levar a cabo o seu soño,montar o seu propio centro. Toda esta paixón tradúcese nun infinito amor cara ós animais e nun grande entusiasmo por seguir formándose para mellorar como profesional e como persoa.

A colección de títulos que ten Marta, xa nos fala de que o seu non é un mero traballo, senón un dos amores da súa vida: «Teño sorte de traballar no que me apaixona e de que me apaixone no que traballo. Sinto verdadeiramente afortunada», de tal maneira que se formou e impartiu cursos en barbería equina (por exemplo, trenzado de cabalos para exposicións) e tamén sabe sobre terapia con cabalos para persoas con problemas.

O CORTE ASIÁTICO

4Respecto dos cans, ten Máster en Psicoloxía canina e sobre todo, en Barbería e Estética; na actualidade, está a formarse para ser especialista nun tipo de corte que lle apaixona: o corte asiático. Para estar ao tanto das novidades , non desaproveita momentos para compartir experiencias con persoas que tamén realizan este oficio e aprender novas formas de facer que os nosos peludos queden preciosos ademais de sans.

8No coidado dos animais poderiamos presupoñer que a maioría dos cans sexan moi reticentes a deixarse peitear, cortarse o pelo, facerse as uñas e mesmo “tinguirse” mechas; e non estamos equivocados. Marta conta que cada can é un mundo e que a historia e experiencia dese cánido fanlle ser único, cada un coa súa “ perronalidade”.

Para esta profesional, o máis importante é gañarse o amor e confianza dos seus clientes caninos e, é por iso que, aínda que odien meterse na sala de estética, adoran a Marta. Como anécdota, podemos contar algo que tiven o pracer de contemplar en primeira persoa: dúas clientas de Marta pasaban pola beirarrúa de en fronte paseando aos seus cans. Ambas saudaron, pero isto non foi suficiente para os seus acompañantes caninos: ambos, os cans tiraron da correa para saudala tamén, nun verdadeiro ataque de amor. Movían o rabo, querían ser acariñados e enchíana de bicos. Hai ocasións nas que teño que estar un bo intre tratando de que confíen en min. Este traballo non consiste soamente en levar a cabo o que che pide o cliente, senón en facer entender ao can que non lle vas a facer dano. Eles están indefensos: non poden falarche e dicir: ”teño medo”. Tampouco poden entenderte a ti máis que co agarimo e a confianza».

Paciencia, amor e moito coñecemento

2Algo que queremos recalcar especialmente é: Marta dedica o tempo que sexa suficiente para entender que corte de pelo vai quedar mellor ao can e tamén en falar co dono para argumentar esta decisión. . Para min é moi importante que eles non sufran e estean sans.

Agradecementos

9

Marta insiste moito en agradecer a toda a súa familia o apoio que lle prestaron. A súa irmá e o seu «mellor axudante» no que á tenda se entende os seus pais, un apoio incondicional” e a súa parella «a máis comprensiva do mundo, porque dedico moito tempo a isto e el enténdeo perfectamente