jueves 09.04.2020
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2015

Pérez Bouza, segundo por Ourense

O lider de CxG en Ourense, o Limiau , ex-senador irá de número dous por Ourense 

Xosé Mosquera valora o seu equipo como un grupo preparado para gobernar e como a única lista alternativa de goberno aos dous de sempre (PP e PSOE). Así acompáñame xente “honesta, profesional e preparada para gobernar”.

Mosquera rodéase de persoas que aman a sua profesión e que entenden a actividade política como unha acción de servizo temporal a cidadanía. Persoas preparadas para asumir as diferentes áreas de goberno no Concello de Ourense e dinamizar os sectores: educativo, sanitario, social, medioambiental, cultural, económico…

Estos compañeiros non teñen que firmar códigos éticos senón que teñen os valores da transparencia, o respeto, a integridade e a colaboración como código de vida. Mosquera incide en que calquera dos que participan desta opción “sempre respetarán os resultados das consultas a cidadanía”, porque o novo modelo de democracia participativa reside en que o pobo é soberano e debe participar e decidir sobre os aspectos transcendentais que afectan sua vida cotiá. A misión de Compromiso por Galicia é facilitar e ampliar os espazos de participación e decisión cidadá de xeito transparente e garantindo a igualdade de oportunidades a todas as veciñas e veciños.

1

Xosé

Mosquera Casero

2

Xosé Manuel

Pérez Bouza

 

   
   

 

   
   

                       

Comentarios