martes 02.06.2020

PERRUQUERÍAS ABERTAS CON LISTAS DE ESPERA

Algún dos salóns está a dar citas para o sábado ou luns seguinte

perruquerías

No lado oposto están as perruquerías , que aproveitaron o tempo de espera para poñerse ao día no caso das medidas esixidas, para a apertura. Segundo o comentario de algunha das propietarias as listas de espera van máis aló de unha semana.

O traballo nas mesmas ten que seguir unhas estritas normas que todas e cada unha delas están a cumprir.