jueves 28/1/21

A pesar da nova situación suspéndese a feira do 14

Si todo segue indo ben e continuamos descendendo no número de casos activos, avaliarase a posibilidade de poder facer a feira do 27 de decembro.

Foto arquivo
Foto arquivo

No mesmo comunicado de onte a alcaldesa Elvira Lama anunciou a suspensión da feira do 14.

Recordamos o todos os feirantes do Concello de Xinzo que xa poden solicitar as axudas do Concello para os autónomos de comercio polo miúdo sen establecemento comercial.

Do mesmo xeito anunciamos que se está procedendo de oficio a devolver a licencia de ocupación dos 6 meses nos que as feiras estiveron suspendidas.

AMPLAS PROTESTAS A DECISIÓN DE SUSPENDER A FEIRA DO 14

Dende o sector dos vendedores ambulantes a decisión de suspender a feira foi acollida con moito desagrado.

Este colectivo moi castigado pola pandemia manifestou o seu desacordo, manifestando que, aínda que por suposto, non teñen nada en contra do comercio local Jose Gabarri un dos seus representantes manifestou que  No tengo nada encontra del comercio local, pero la decisión de no abrir la feria el 14, creo que es meramente para que la gente no compre para Navidad en la feria y si lo haga en los pequeños comercios del pueblo.

Y no debemos de olvidar, que hay gente de Xinzo que también vive de la feria, nosotros también somos pequeño comercio.

Tamén Iago Vázquez fixo unha declaración, como voceiro da Asociación Galega de Ambulantes Autónomos sobre a cancelación da feira do 14.

Como Voceiro da Asociación Galega de Ambulantes Autónomos quero transmitir que a Actividade Comercial no Municipio está permitida e mentres o comercio sedentario esté aberto, os comerciantes ambulantes temos exactamente o mesmo dereito. As autoridades sanitarias a nivel Autonómico como Estatal non prohíben as feiras en ningún dos niveis de restriccións. A feira de Xinzo cumpre con todas as Recomendacións Anti-covid para a celebración de "MERCADOS ao AIRE LIBRE de venta NON SEDENTARIA" publicadas pola Xunta e polo Ministerio de Industria. O Concello de Xinzo está, indirectamente, prohibíndolle aos seus veciños poder consumir os productos que se ofrecen na feira. Así como provocandonos aos comerciantes ambulantes non ter atendidos aos nosos clientes coa nosa actividade suspendida medio ano.