miércoles 3/3/21

O PP segue acusando ao grupo de goberno de seguir vendendo fumo, como ata agora..

Vergonza é a palabra que usan dende fai meses as persoas que por diversos motivos teñen que utilizar a pista da Travesía da Moreira
IMG_20210203_124408
Travesía da Moreira

Nota do Partido Popular sobre a situación da Travesía da Moreira:

Vergonza é a palabra que usan dende fai meses as persoas que por diversos motivos teñen que utilizar a pista da Travesía da Moreira. Travesía da Moreira que tivo que asumir todo o tráfico rodado da Sitibal. Recordemos que a Sitibal está en obras dende o principio de verán do ano pasado, cunha subvención ao 100% da Xunta de Galicia conseguida pola anterior Grupo de Goberno do PP.

IMG_20210203_125204Picados, rebentóns de rodas, desequilibrio dos chasis, ou bolos na chapa por culpa das pedras soltas, son típicos dende o inicio do denso movemento rodado desta pista. Incidentes que demostran a desidia do Grupo de Goberno que despois de tanto tempo non tomaron ningunha mediada para evitalos. Medidas que foron pedidas dende o inicio das deficiencias polxs concelleirxs do Grupo Municipal Popular.

Veciñas e veciños da zona da Moreira están preocupados xa que desconfían que esa pista non se vai arranxar unha vez se reabra a Sitibal, facendo intransitable o acceso ás  vivendas ou negocios. Non se fían das hipócritas promesas da Alcaldía como pasou na Av. de Celanova.

Dende o Grupo Municipal Popular levaremos ao vindeiro Pleno Ordinario, no apartado de rogos e preguntas, as seguintes cuestións:

-Encargou o Grupo de Goberno un informe aos técnicos municipais para poder desviar o tráfico da Sitibal á pista da Travesía da Moreira?

-Por qué non se tomou ningunha medida para evitar o estado desastroso no que dende fai tempo está a pista da Travesía da Moreira?

-Para cando teñen previsto abrir a Sitibal ao tráfico?

E o seguinte rogo, “Acondicionar a pista da Travesía da Moreira o antes posible”

Sabemos que Alcaldía e o Grupo de Goberno volverán a vender fumo como levan feito ata agora, aínda así, dende o Grupo Popular estaremos protestando pola enorme desidia que embarga ao Concello de Xinzo de Limia.