miércoles 3/3/21

Un plan de hostalería segura, trazado co sector

Máxima seguridade para entrar, máxima seguridade ante un posible brote e máximo control
tips-para-cafeteria-sea-mas-ecologica
Foto cedida

O presidente da Xunta anunciou, tamén, que o Executivo galego seguirá traballando cos hostaleiros para trazar conxuntamente un plan de hostalería segura. “Un plan no que se incluirá como mínimo tres aspectos: máxima seguridade para entrar, máxima seguridade ante un posible brote e máximo control”, explicou, precisando que se deseñará un sistema para transparentar os aforos, co fin de que calquera persoa que entre nun bar ou nun restaurante saiba con exactitude o número máximo de persoas que poden estar nel.

“Imos traballar co sector para establecer un sistema de rexistro de entradas que permita cribar completamente a todos os clientes que compartisen estancia cun positivo”,

dixo, ao tempo que engadiu que se solicitará, tamén, un plan de inspección aos alcaldes, que será necesario para a apertura, “porque o control non só corresponde aos propietarios; corresponde tamén ás forzas e corpos de seguridade”.

Sempre e cando as cifras sigan acompañando, o titular da Xunta fixo fincapé en que o obxectivo é que, ao mesmo tempo que reabra a hostalería, se poidan levantar outras das restricións vixentes: como a posibilidade de verse cun non convivente, ou a reapertura parcial dos ximnasios.